lunes, 11 de febrero de 2008

Descubrindo Galiza III













Menudo fin da semana, vaise queixar a xente de que agora só escribo en galeguiño pero é que non é para menos. Hoxe era a Feira do Queixo con degustacións de chocolate e filloas en Abegondo até a cal cheguei collendo a autovía de Madrid dende pasado Herves. Atopeime primeiro cun mercadiño, en moita menor medida co de Lisboa, so era unha praziña, pero ben que lle chegaba, había tamen xinetes montando a cabalo, un posto que vendían cousas de mobeis e onde atopei un marco por 50 cents ben bonitiño con corazóns e demais. Logo de xantar, decidín investigar polos arredores a ver se atopaba algunha cousa interesante, e asi foi, guiado por "Cabanas e Torrentes" (creendo que serían os dun río) e percorrendo todo tipo de carreiros co meu automóbil din con un encoro, o de Beche, en Cerneda, concello de Abegondo. Dinme xa a volta coa idea de voltar as Mariñas, chamándome a atención un cartel que puña "San Pedro de Nós" polo que collín por ali, atopando polo camiño unha area recreativa, unha aula da natureza... e todo ao redor do Berce, preto do encoro de Cecebre, o que pode ser moi atraínte para vir cos rapaces nalgunha saída didactica. Seguín por esa estrada até chegar ao cruce que permete ir para Guisamo, Cambre ou San Pedro de Nós, eu tirei a Cambre e dinme algunha volta por alí, logo xa collín camiño de Oleiros pasando por Iñás antes de chegar a S.Pedro, despois de Oleiros por Arillo, pero ali acabei por rematar en Mera e non en Lorbé, entón xa fiqueime ali e fun até o faro que penso que nunca estiven. Tamén coma eu, outra rapaza de moi bo ver facendo fotos dende alí soiña, e non me deu por pensar no termo de soidade e que era para os antigos autores pero si a plantexarme como unha rapaza asi estaba tamén por eses lares, pero sen haxar a resposta, agradoume ver a xente alí e que tamén ían a beber ás rochas máis baixas preto do mar. Xa co atardecer a puntiño de chegar, fixen parada en Coruxo de Arriba, onde o meu amigo Andrés habita e ali quedei até a hora de cear, despois de como sempre ali, unha gran merenda co batidiño de chocolate patrocinado pola TVG non, senón por mín xdxd

fotos: O meu primo Fer maila sua rapaza Inés. O rei das filloas (Papa Noel para algúns coma min nese dia). Poñendome as...filloas. Cruceiro e vistas dende a parroquia de de S.Pedro de Crendes. Panoramica dende a ponte sobre o Rio Barces. Vistan dende o faro de Mera das praias e da nosa ría. Cartel que atopei onde a aula de natureza.

audio:
-tarde: Dj David - Ahora vas y lo cascas vol.7 Oct'07
-noche: Viton - Playground (04-10-07). John O' Callaghan - Dance Sessions (29-9-07). Michael Angelo & Jim - Dance Sessions 002 (10-03-07). Digital Nature - In Sequence 061 (09-10-07). Mr Marcellos - Sounds from the south 002 (1-10-07). Matt Darey - Noctural CD.

xantar: filloas recheas de carne e champiñóns e con bechamel por enriba.

videos: agardando na cola e Fer raxando antes de probar as filloas xdxd Carreiras de cabalos e patos falando entre eles na beira do río Barces e o son da mar.

1 comentario:

Valentin Jimenez dijo...

a br si los protas se dignan a djar algun comment xP