sábado, 9 de febrero de 2008

Descubrindo Galiza II






"Um cocidinho galeguinho" como diria Susana, foi o bo xantar que tivemos no Pinar acollidos en familia. Pero se cadra, o mellor non veu até despois que como facía un día moi bo, decidimos ir, o meu curmán mais eu, a unha praia e como eu non a coñecía ala fomos, a praia das Mariñas. Aprendinme a ruta como puiden, botámoslle unha ollada e voltamos cara "O seixo branco", en Mera. O seu nome ven pola formación rocosa que atópase agochada na montaña atravesándoa en forma de faia. O que se pode ver e verdadeiramente branco e limpo, creando un gran contraste co resto do seu redor. Aínda, non máis lonxe, erguendo a vista, podiase contemplar tódala ria da Coruña, tódolo porto e tódolo ceo da nosa cidade. Chegaron a unirse connosco tamén Inés e mailas súas amigas, conseguindo asi que non chegásemos por ben pouco ver o atardecer dende o castelo de Sta. Cruz. A pesares diso, foi unha tarde moi boa :D

fotos: praia das Mariñas. O Seixo Branco e as suas vistas. Ultimos raios dende a praia de Mera.

video: pakito el percursionista (en breve). Cristian Varela @ DJ Mags 2007


No hay comentarios: