miércoles, 4 de junio de 2008
Cea da aldea en Santiago
O almorzo foi a libre eleción un vasiño de zumo oude cafe e un croissant. Pola mañana buscando unha para farmacia para coller un produto para o meu curmá e mentres algun que outro batidiño caeu. Cheguei nun intre a Prazza do Pobo (Piazza del Popolo) onde preguntando xa nunha farmacia mandabanme ben lonxe, pero eu sabia que tiña que estar cerca do Pantheon e asi foi. Facendo o mesmo percorrido -de vota esta vez- atopeina. Logo xa me volvin -todo isto co portatil nos meus brazos agachado na miña cazadora-. Collin as miñas pertenzas e logo xa fun a coller o metro a Anagnina e dende ali atè ciampino. Ao poco topeme cunha cara conocida -como sempre que se volve á nosa Terra-, era Xose, o mesmo rapaz co que tamén me topara na viaxe de volta por Nadal. O vo pasou con amodiña lixereza e logo descubrin o "Terravision" de Santiago, un autobus da empresa Freire que por so 3€ achegabache a cidade. O condutor, unha persoa verdadeiramente amabel e com moitisima paciencia, foi explicandolle un a un aos turistas italianos onde tiñan que baixarse o como tiñan que facer para chegar ao seu destino. Eu fun falando con el toda a aviañe e contoume cosas como que Castromil fora comprada por outra empresa -de cuxo nome non me podo lembrar-, e que o seu xefe e mais o de Freire estaban non de moi boas, até o punto que este condutor lle pediu unha folliña cos horarios para andar a Coruña para a xente que se llo preguntaba e non se lla deron -cando o beneficio era para a outra empresa-. E cousiñas asi. Deixoume na Praza de Galicia, de onde xa baixei para chegar a Xeneral Pardiñas. Ali estabame a esperar a miña madriña cos brazos apertos e cunha abraiante tortilla de patacas feita con ovos caseros da aldea e cebola. A que tamen lla acompañei cunha ensalada medio italiana media galeguiña (perugiña poderiamosla chamar). Ao pouco tempo chegou o meu padriño do campo de tiro e tamen comiu o mesmo. Tomamos todos unha infusion -non chá- dixesteviva e relaxante feita por min e para camiña, onde antes conecteime uns minutiños a internet para non esquecer o meu galego con Pauliña.
fotos: Cassiglio de dia. Dende o avion.
audio de transporte ao aeroporto: DJ Tiesto - In Search of Sunrise VI Ibiza CD2
cea: pure de verduras, tortilla de patacas con cebola acompañada de tomatiños con queixiño da aldea e con tomillo e albahaca.
frappé: Bacio e crema di Soja.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario